Thursday 18 de April de 2024

Aberta a inscrición para as actividades deportivas e culturais de verán en Cariño


• O prazo para anotarse finaliza o mércores 29 de xuño na Casa da Cultura.

O Concello de Cariño abriu o prazo para inscribirse nas actividades deportivas e culturais municipais para este verán. As persoas interesadas en participar nalgunha destas opcións poderán anotarse ata o mércores 29 de xuño ás 14 horas na Casa da Cultura.

No caso das actividades deportivas, hai opcións como patinaxe, tenis, balonmán, baloncesto ou fútbol sala. Doutra banda, nas culturais, os participantes poderán optar por xogos ao aire libre, baile e música, talleres creativos ou clases de cociña. Todas as escolas comezan o 4 de xullo e finalizarán o 2 de setembro.

Ademais, levará a cabo unha actividade de andaina que será os martes de 10 a 11:55 horas para os nenos e nenas nacidos do 2006 ao 2009 e os venres, no mesmo horario, para os nenos e nenas nacidos do 2010 ao 2013.

A cota de inscrición para as actividades culturais é de 6 euros e para as deportivas de 8 euros. Para máis información, na Casa da Cultura, no correo electrónico cultura@concellodecarino.gal ou no teléfono 981 420 216.